INSTALACIÓNS DO CLUBE

 

En xaneiro de 1991, coa axuda do Concello de Rianxo, e o apoio da Cofradía de Pescadores, Asociacións Mexilloeiras e outras entidades deportivas, culturais e veciñais, realizáronse as primeiras instalacións coa ocupación dos terreos situados na explanada de Punta Fincheira. O acordo adoptado polo Concello no Pleno celebrado o 4 de decembro de 1991, a cambio da cesión do uso, fixou unha serie de vantaxes a conceder polo Náutico ós veciños do concello de Rianxo.

Tras non poucas dificultades e retrasos, e cunha importante subvención da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Turismo, en Xullo de 1992 inauguraronse as primeiras instalacións. Estaban integradas éstas por un pantalán con capacidade para 40 postos de atraque, unha rampa plataforma flotante para botadura e recollida de embarcacións lixeiras, un pañol para gardar embarcacións, e un local multiuso con aula, oficina e aseos vestiarios.

 

No primeiro trimestre de 1993,  ampliouse o pantalán con seis novos módulos, o que engadíu  disponibilidade de outros corenta postos de atraque. No ano 1996 realizouse a derradeira ampliación, ca adición dun módulo flotante de formigón armado, disposto en T ó final do pantalán; con isto xeráronse tres novos amarres, un grande e dous pequenos.

 

 

 A mediados do 2002, despois de realizar numerosas e prolongadas xestións ante Portos de Galicia, executouse unha última ampliación de instalacións consistente no fondeo de tres módulos de formigón e un pantalán de enlace, xerando novas prazas de amarre (22) que sóamente se ceden en réxime de aluguer.

O Náutico de Rianxo conta hoxe en día coas seguintes instalacións e equipamiento de embarcacións:

  • Local social de usos múltiples con televisión e vídeo

  • Local para bar cafetería

  • Vestiarios e aseos, con instalación de auga fría e quente

  • Pañol almacén para gardar embarcacións lixeiras e outro material

  • Auga e luz en amarre

  • Iluminación nocturna

  • Aparcadoiro

  • Escola de Vela con dotación de barcos e equipo complementario:

  • 2 neumáticas semiríxidas con  motor

  • 2 veleiros barco – escola “Raquero”

  • 4 veleiros “Vaurien”

  • 4 veleiros “Cadete”

  • 7 veleiros “Optimist”

  • 1 remolque para transporte de veleiros de vela lixeira

  • Rampla de varado

  • Pantalán flotante con “fingers”, auga, luz e enerxía eléctrica, con capacidade para 118 amarres. Da totalidade dos postos de atraque, 77 corresponden a socios por compra da titularidade do dereito de amarre e as 41 restantes son propiedade do Náutico. As prazas distribúense da seguinte forma:

 

 

AMARRES DISPOÑIBLES NAS INSTALACIÓNS ACTUAIS

Tipo de amarre

Tamaño

Número de amarres

A

6,00 x 2,50

10

B

8,00 x 3,00

45

C

10,00 x 3,50

40

D

12,00 x 4,00

20

E

14,00 x 6,00

2

F

16,00 x 8,00

1

Total                                                                          118     

 

 

 

 

Ver calendario de actividades >