RIANXO

 

-O Pobo

 

O pobo de Rianxo atópase na provincia da Coruña, situado no fondo da ría de Arousa. Constitúe unha zona de transición entre o cordal do Barbanza, o val de Quintáns e o esteiro do Ulla. Ten unha superficie de 59 km2 e está formado por seis parroquias: Asados, O Araño, Isorna, Leiro, Rianxo e Taragoña. A sua poboación é de aproximadamente 13.000 habitantes.


 

Rianxo dista 45 kilómetros de Santiago de Compostela e 104 da Coruña capital, sendo a estrada C-550 e a vía rápida do Barbanza as principais vías de comunicación que atravesan o municipio. O pobo pertence á comarca Arousa-Norte e no seu límite oriental, a desembocadura do río Ulla, forma a división provincial entre as provincias da Coruña e Pontevedra.

 

 

  

-Información cultural

 

A vida cultural foi unha das facetas históricas máis importantes do municipio, cun importante número de escritores nados na zona, como Rafael Dieste, Brea Segade, Roxelio Pérez, Manuel Antonio... pero hai que facer mención especial de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que exerceu de médico na vila e máis tarde como técnico do Instituto Xeográfico e Estatístico, fixando naquel intre a sua residencia na provincia de Pontevedra. Castelao é un dos galegos máis ilustres como político, escritor e debuxante, pai da Patria Galega.

 

 

-Turismo e festas

 

A localización de Rianxo na ría de Arousa  confírelle un importante atractivo turístico, sobre todo na época estival, con praias e mar como principales imáns, permitindo o disfrute de todo tipo de deportes náuticos, con boas infraestructuras de amarres e servizos, a través do Clube Náutico de Rianxo, pero sen esquecer tamén o grande atractivo que proporciona a paisaxe grazas a súa conservación e os seus miradores; dende o monte de A Muralla, na parroquia de Araño, divísase Rianxo e toda a ría de Arousa, o Barbanza e a ría de Muros e Noia, Santiago de Compostela, o río Ulla e todo o seu entorno.

 

Dende o mirador de Castro, na parroquia de Taragoña, vese todo o val de Asados e Taragoña, a ensenada de Rianxo, o Barbanza e a ría de Arousa; e dende o monte Pena, na parroquia de Leiro, domínase a desembocadura do río Ulla, parcialmente a ría de Arousa e a ensenada de Rianxo.

 

Con respecto ás romerías, en tódalas parroquias hai celebracións patronais como a festa dos Milagres do Araño en agosto, o Salvador en Taragoña en xulio, etc. Pero as que máis destacan son: o Carmen no mes de xuño, que se celebra en Taragoña e Rianxo, como zonas mariñeiras que son, e, a máis importante de todas elas é a memoria da Nosa Señora de Guadalupe, na capital municipal, o primeiro domingo de septembro despois do día 8. Un dos intres de maior emoción, aparte da procesión marítima, é cando o día da Virxe, ás doce da noite, tódalas orquestas concentradas na praza da vila comezan a cantar "A Rianxeira", ininterrumpidamente, levando a xente que está congregada na praza bengalas e velas.

 

 

-Qué ver

 

En canto á arquitectura relixiosa hai que destacar a igrexa parroquial de Santa Columba de Rianxo, construida no século XV, pero con engadidos de distintos estilos arquitectónicos como o gótico, prateresco e barroco.
A capela de Nosa Señora da Guadalupe ergueuse no século XVII sobre outra máis antiga chamada Nosa Señora da Cruz, e dende mediados do seculo XIX, acolle a imaxe da Virxe da Guadalupe, cunha talla feita en 1773 polo escultor rianxeiro Fray José de Santiago. A ela fai referencia a máis popular das cancións galegas: A Rianxeira.


Con respecto á arquitectura civil destacan un bo número de pazos (palacios), ainda que a conservación é distinta segundo os casos, sendo os que presentan mellor estado, o de Martelo na vila de Rianxo, onde se sitúa actualmente a biblioteca municipal; o de Viturro en Rianxiño e os dous pertencentes á familia dos Torrado, localizados en Asados e en Brión-Leiro. Tamén son dignos de sinalar algúns hórreos, entre os que destaca o de Araño, no lugar de Traba, como un dos máis longos de Galicia.


Dentro da arte escultórica son varios os cruceiros destacables, como o de A Capeliña de Laxe Pequena en Taragoña, do século XVI, e o do Outeiro de Asados, do século  XVII.

E non esquezamo-las praias: A praia de Tanxil foi galardoada no ano 2005 ca Bandeira Azul da Unión Europea. Tamén existen outras praias como a de Tronco, as Cunchas, a Torre, etc..

 

Para máis información sobre Rianxo podes visita-la web do concello:

 

 

 

 

Ver calendario de actividades >